Boas tardes a todas e todos!
Aquí vos deixo a miña presentación sobre o sistema educativo irlandés que fixen en relación co tema 8 "As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas internacionais". O sistema educativo irlandés presenta dúas diferenzas clave respecto ao sistema español: a realización do Junior Certificate tras rematar o terceiro curso, e que cursar o cuarto ano sexa unha opción optativa. Para poder comprender mellor isto, falarei brevemente sobre o primeiro ciclo da educación secundaria irlandesa, e sobre o cuarto ano e as súas particulares características que o diferenzan do resto. A maiores, farei unha breve anotación sobre o estudo das linguas estranxeiras que considero relevante.
O primeiro ciclo, coñecido por Junior Cycle, vai dende o primeiro ata o terceiro curso. Normalmente comeza aos 12 anos, e tras a súa finalización, no 3º ano ten lugar unha avaliación oficial coñecida como Junior Certificate. O currículo desde ciclo está orientado á preparación de dita avaliación, e pretende ofertar un programa adaptado ás necesidades do alumnado, que se atopa nunha etapa na que é máis fácil que contemple o abandono escolar. O obxectivo principal é axudar aos estudantes a desenvolver as súas capacidades, de forma que se fomente e motive o seu interese nos diferentes ámbitos educativos. Respecto das materias, o alumnado pode facer diferentes combinacións, cursando entre 8 e 10 materias combinadas con entre 1 e 4 "cursos breves". As materias poden cursarse en diferentes niveis, que son alto, estándar e baixo (este último unicamente para Matemáticas e Irlandés), e as materias obrigatorias son Inglés, Matemáticas e Irlandés. Alén disto, o currículo propón 18 materias optativas, mais a oferta depende de cada escola, os seus recursos e o tipo de alumnado. En relación cos "cursos breves" (short courses), estes teñen a función de incrementar a aprendizaxe do alumnado e complementar os seus coñecementos e intereses sobre ámbitos que non traballan as materias, e as escolas normalmente ofertan un máximo de catro. Finalmente, tras rematar estes tres anos, o alumnado ten que realizar o Junior Certificate, unha avaliación que acredita a finalización do primeiro ciclo da educación secundaria. A idea desta proba é preparar tanto ao alumnado que queira continuar os seus estudos como ao que desexe abandonar o sistema educativo e incorporarse antes ao mundo laboral, e proporcionar a todos e todas unha educación adecuada e equilibrada.
En canto ao cuarto curso, coñecido como "ano de transición" e ofertado no 75% das escolas do país, ten a función principal de actuar como unión entre o Junior Certificate e o Leaving Certificate, as dúas probas oficiais desta etapa educativa. A través deste curso as institucións educativas pretenden ofrecer ao alumnado a posibilidade de prepararse para os diferentes niveis superiores e promover a súa autonomía e capacidade emprendedora, sen ter a presión dunha avaliación oficial ao final do ano. Respecto ao programa, cada escola deseña o seu curso, baseado nunhas pautas específicas e tendo en conta os intereses do alumnado e da comunidade. As materias están divididas en tres grupos: básico (materias que cursan durante o ano, como Inglés e Irlandés), de proba (materias que poden probar de cara a súa escolla para os próximos dous cursos, como Historia e Español), e específico (materias puntuais, como Fotografía e Psicoloxía). Ademais, durante este curso tamén se promoven outras actividades, como a experiencia laboral, a produción dun musical, traballo social/comunitario, etc. En relación co tema da avaliación, tamén é a escola a encargada de decidir que sistema seguir, e a maioría opta por portfolios, ou probas escritas e orais.
Antes de rematar a miña entrada quería comentar brevemente un punto importante sobre o estudo das linguas estranxeiras na secundaria. No currículo do primeiro ciclo as linguas ofertadas son francés, alemán, español, e italiano. No segundo ciclo, a estas linguas súmanse latín, grego antigo, árabe, xaponés e ruso. Pois ademais destas linguas, o alumnado pode examinarse no Leaving Certificate dunha lingua non ofertada se pertence a un país membro da UE e o/a alumno/a fala a lingua como se fose a materna. Por exemplo, unha alumna que fale portugués como lingua materna pode examinarse desta lingua aínda que non apareza no currículo.
En conclusión, o Junior Certificate e o cuarto curso optativo son as maiores diferenzas que presenta o currículo da secundaria en Irlanda respecto ao sistema español. O punto a favor deste ano optativo é que serve para ampliar a experiencia do alumnado máis alá do sistema educativo, aspecto importante que tende a esquecerse, xa que nos centramos en cursar materias e aprobalas sen saber realmente o que nos espera fora e como desenvolvernos en novos contornos. Non obstante, isto tamén pode ter a desvantaxe de facer que o alumnado perda o interese en seguir estudando e prefira incorporarse antes ao mundo laboral. Respecto ao Junior Certificate, a vantaxe que pode presentar é que serve para preparar ao alumnado de cara ao Leaving Certificate, xa que saberán como funcionan os diferentes exames das materias e como preparalos. Por último, dende o meu punto de vista, o sistema educativo irlandés ten unha maior variedade na súa oferta, de materias e de posibilidades para cursar as avaliacións oficiais, polo que é tamén máis aberto e flexible.
Espero que este tema vos parecese interesante e vos gustase, e se tedes algunha cuestión, non dubidedes en preguntar nos comentarios!
Iria.
Boas Iria!
ResponderEliminarAntes de nada, noraboa pola túa presentación! Moi completa e ben estruturada. En canto ao contido, sempre me pareceu moi interesante examinar e comparar os distintos sistemas educativos, cos seus respectivos puntos fortes e débiles. Do irlandés destaco positivamente a gran variedade de linguas estranxeiras que oferta, mais é unha mágoa que non poñan máis en valor a súa propia lingua e que os estudantes rematen a súa formación cun nivel tan deficiente. Creo que é un erro que pagarán caro no futuro se non fan algo por remedialo antes. En fin, que pases unhas boas festas e que teñas unha boa entrada no 2019.
Un saúdo!
Laura Rodríguez Fernández
Ola, Iria!
ResponderEliminarParabéns pola tús presentación, foi moi interesante e completa! No seu día, recordoume miña experiencia Erasmus en Londres, onde me vin nunha facultade co nome "School of Languages, Linguistics and Film" (na Queen Mary). Ademais da conxugación de ámbitos no nome, chocoume especialmente a variedade de materias e a consecuente falta de rigurosidade que parecía haber na especialización dun titulado en lingüística, por exemplo. Pode ser que esta flexibilidade sexa algo que caracteriza a todo o sistema educativo da zona?
Vémonos pronto!
Ola, Laura!
EliminarO primeiro moitas grazas polo teu comentario. En canto a túa pregunta, creo que si, que nestes países, e moitos outros, teñen ofertas máis flexibles e amplas, o que a nós chócanos máis porque estamos acostumados a un sistema educativo bastante cuadriculado.
Un saúdo!
Iria.
Ola, Iria!
ResponderEliminarEn primeiro lugar quero darche as grazas por presentarnos un sistema educativo distinto do español e do finlandés. Paréceme moi interesante falar deste último xa que está considerado como un dos mellores. Pero sempre me gustou saber o qué se fai noutros países e da Finlandia xa sabía algo. Pola contra, non sabía case nada sobre Irlanda. Agora, grazas á túa presentación podo decir que sei algo relacionado co seu sistema educativo. Por último gustaríame decir que me parece moi interesante que unha persoa se poida examinar da súa língua materna mesmo sen estar incluída no currículo. É unha lástima que o portugués non estea incluído. Pero, a verdade é que non me sorprende moito. Sorprenderíame moito máis se estivese. Parabéns pola túa presentación e polas entradas en xeral. Fixeches un bo traballo.
Feliz 2019!
David.
¡Hola, Iria!
ResponderEliminarEnhorabuena por tu trabajo. Te felicito, porque lo cierto es que has presentado unos aspectos muy interesantes del sistema educativo irlandés. Al igual que a mi compañero David, siempre me ha gustado conocer como funcionan otros países en cuanto a materia educativa, sin embargo, nunca había oído hablar del que tú has elegido. Por una parte me ha parecido muy curioso el mencionado "año de transición" ya que desconocía que existiese tal cosa y por otra parte, me apena que le den tan poca importancia a su propio idioma, algo que considero fundamental para conocerse a uno mismo como colectivo, como país y algo conforma nuestra identidad.
De nuevo, felicidades por tu trabajo y espero que hayas disfrutado las vacaciones de Navidad.
¡Hola Iria! :)
ResponderEliminarMuchas gracias por tu trabajo y enhorabuena por tu presentación. Creo que conocer cómo funcionan los sistemas educativos de otros paises es una práctica muy beneficiosa para nosotras como futuras docentes, ya que te hace ver que hay cosas más allá de lo que siempre hemos experimentado y también te da un baño de realidad, tanto para lo bueno como para lo malo. Creo que es importante quedarse con la idea de que todos los sistemas educativos tienen sus puntos fuertes y sus puntos débiles y ninguno es infalible. Me parece muy positivo el año de transición que comentas en tu presentación y considero que puede ser una experiencia muy positiva para el alumnado de cualquier país, pero para ello se les ha tenido que concienciar desde edades muy tempranas acerca de lo importante que es su tiempo y en qué lo invierten y que deben sacar el máximo provecho de sus experiencias, ya sea trabajando, viajando, explorando diferentes opciones para el futuro,... En definitiva, creo que el sistema educativo irlandés es muy interesante y creo que tiene puntos muy positivos y por desgracia no se escucha tanto hablar de él en España como de otros sistemas educativos extranjeros.
Very good!
ResponderEliminarIrlanda sempre foi o país de fala inglesa que máis me gustou. Será polo que sempre din que se asemella a Galicia e a morriña que tiña cando estaba fora... Polo que sexa,disfrutei moito da túa presentación.
Con todo, a o estar Irlanda á sombra doutras culturas de fala inglesa, creo que coñecemos moi pouco dela, e co que presentaches quedaron moito máis claros moitos aspectos, e ademáis reforzouse a miña opinión.
Encantoume saber que o Irlandés segue interesando (aínda que non o suficiente, na miña opinión) e sobre todo, saber que valoran tanto o resto de linguas estranxeiras, sen pecharse tanto á situación nacional, coma o resto de países de lingua inglesa.
Ademáis, pareceume moi acertado o enfoque que lle deches, en particular centralo sobre as linguas estranxeiras pero sen deixar de lado o entorno no que se atopan.
Noraboa!
Con todo,
Ola Iria!
ResponderEliminarAínda que non puiden asistir á túa presentación por formar parte do outro grupo, esta entrada pareceume moi interesante! De feito, non esperaba que houbera unha oferta tan grande de materias en comparación con España, especialmente no ámbito das linguas estranxeiras. Penso que pode ser debido a que fora dos países de fala inglesa insístese demasiado na importancia de estudar inglés en vez de outras linguas (e que non pasa en Irlanda, por motivos obvios). De calqueira manera, estaría ben contar con unha maior variedade no noso país.
Un saúdo!