xoves, 21 de febreiro de 2019

Didáctica: Primera Entrada Úrsula Kirsten

Ola de novo a todas e todos!

Hoxe vou falar sobre os primeiros temas que tratamos coa profesora Úrsula Kirsten: a titoría, a atención á diversidade e a metodoloxía CLIL. Durante as sesións que traballamos estes apartados, centrámonos nas diferentes funcións da titoría e en como se pode integrar a lingua estranxeira dentro desta; observamos as diferentes medidas que se poden levar a cabo para proporcionar unha mellor atención á diversidade; e finalmente comentamos o papel dos auxiliares de conversación e como funciona o método CLIL. A continuación falarei brevemente sobre a teoría e presentarei as actividades prácticas que realizamos. 

A función titorial debe, entre outras cousas, fomentar unha educación integral e personalizada, máis alá de impartir coñecementos. A titoría utilízase principalmente para tratar temas transversais e proporcionar asesoramento en diferentes temas educativos, á vez que se pretende axudar ao alumnado a mellorar a percepción de si mesmos. É dicir, a acción titorial encárgase de proporcionar asesoramento en relación coas diferentes habilidades para a vida. Tratar estes temas pode ser moi beneficioso para o alumnado, porque de que nos serve ter tanto coñecemento de matemáticas ou historia da arte, se despois non vamos saber como desenvolvernos no mundo 'real', máis alá do ámbito educativo? Axudar a desenvolver as habilidades psicosociais do alumnado é moi importante para poder proporcionarlle as capacidades básicas necesarias para desenvolverse na sociedade. Así mesmo, é imprescindible fomentar un bo ambiente tanto no centro como na aula, destacando a importancia do respecto entre todas as persoas que integran a comunidade escolar

Respecto do idioma no que se debe impartir a materia, este é o galego, agás nos centros plurilingües. Non obstante, hai diferentes opcións que permiten integrar a lingua estranxeira dentro da aula de titoría, a través de diferentes actividades, por exemplo, sobre a diversidade cultural, técnicas de estudo, ou promovendo a participación en actividades do centro que se desenvolvan en dita lingua. Na aula, tivemos que crear unha tarefa para empregar nunha sesión de titoría, na que se integrase a lingua estranxeira. Xunto coas miñas compañeira María Riobó e Laura R. Fernández planeamos unha actividade para 2º da ESO, durante a semana previa ao Día Mundial do Medio Ambiente. Os obxectivos desta actividade son concienciar ao alumnado sobre os efectos da contaminación e do cambio climático, promover a importancia de preservar o medio ambiente e impulsar as 3R (reducir, reutilizar e reciclar). Para tratar isto utilizaríamos o vídeo que aparece a continuación, o que nos permitiría incorporar o inglés e aprender así vocabulario relacionado co coidado do ecosistema. 

Centrándonos agora nas medidas de atención á diversidade, estas son estratexias ou programas, que pretenden ofrecer a posibilidade de adaptar o sistema ás particulares características educativas do alumnado. Estas medidas están recollidas no Plan Xeral de Atención á Diversidade, e poden clasificarse en ordinarias ou extraordinarias. As ordinarias son aquelas nas que o currículo é adaptado pero sen producir alteracións significativas, mentres que as extraordinarias si que requiren modificacións características. Existen diferentes tipos de alumnado que poden precisar destas adaptacións para mellorar e facilitar o seu proceso de ensinanza-aprendizaxe, entre os que se atopan o alumnado con TDAH e o alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe (dislexia, disgrafía, etc). Cabe mencionar a existencia do Programa de Mellorar da Aprendizaxe e Rendemento (PMAR), un programa que se desenvolve entre 2º e 3º da ESO utilizando unha metodoloxía específica diferente á establecida no sistema xeral co fin de que o alumnado poida incorporarse a 4º da ESO pola vía ordinaria, obtendo así o graduado na Educación Secundaria Obrigatoria. As actividades de lingua estranxeira que realizan os alumnos de PMAR contan con certas adaptacións, como observamos nos modelos de 1000+ Activities (Oxford) e de Burlington Books. Estas adaptacións amosan un tipo de actividades máis guiadas, e contan co apoio de explicacións gramaticais e/ou traducións ao castelán para axudar ao alumnado que o precise a enfocar e seguir mellor as tarefas. Mais adiante, tamén hai a opción da Formación Profesional Básica para aqueles estudantes de entre 16 e 17 anos que deciden abandonar o sistema educativo sen obter o título da Secundaria Obrigatoria. A FP permite ademais continuar con estudos profesionais a través dos ciclos formativos de Grao Medio. Os obxectivos deste tipo de programas son evitar o abandono escolar temperá e a desescolarización, así como facilitar o desenvolvemento persoal e social do alumnado. 

Para rematar, falamos sobre os diferentes programas de linguas estranxeiras, tanto para o alumnado (CUALE, AXUDASLE), para o profesorado (PIALE, CALC), e outros como son as seccións bilingües, centros plurilingües e os auxiliares de conversación. Respecto destes últimos, son persoas que falan as nosas linguas estranxeiras (inglés, francés, portugués, etc) como primeira lingua, e actúan como asistentes para o profesorado destes idiomas. Algunhas das súas principais tarefas son practicar a oralidade, ensinar a cultura do seu país, axudar na planificación das aulas e achegar recursos didácticos. A presenza dun auxiliar de conversación pode traer moitas vantaxes á aula, como aportar unha visión directa da cultura do seu país, axudar ao alumnado a asimiliar de maneira natural a súa lingua e promover actitudes positivas e respectuosas de cara á diversidade cultural. Durante a aula, planeamos unha actividade para facer cun auxiliar de conversación. A miña compañeira Laura R. Fernández e eu pensamos nunha actividade para 2º da ESO co obxectivo de traballar o vocabulario sobre os deportes e de buscar o interese daquelas persoas que adoitan estar máis descolgadas no transcurso das aulas a través deste tema que pensamos que pode ser atractivo para elas. A auxiliar, de Inglaterra, expoñería unha presentación sobre os deportes típicos no seu país, falando tamén sobre os deportistas e/ou equipos máis coñecidos, e facendo énfase no fútbol, xa que igual que aquí é un dos deportes máis seguidos. Deste xeito, trataríase o vocabulario sobre os deportes á vez que o alumnado incrementa a súa cultura sobre a lingua meta.

Os auxiliares de conversación poden tamén apoiar a aqueles profesores que traballan a  través da metodoloxía CLIL. Como xa falei nunha das miñas entradas anteriores, esta metodoloxía presenta un enfoque da aprendizaxe das linguas estranxeiras desde unha perspectiva na educación, e non como materia illada. Trátase, polo tanto, dunha metodoloxía de carácter interdesciplinar, apoiada no enfoque por tarefas que segue un proceso de scaffolding (andamiaxe), e cuxo obxectivo é o contido e non a lingua. As aulas de CLIL están integradas baseándose en cinco compoñentes, que son: contido, comunicación, competencias, comunidade, e cognición. Por último, as actividades que se levan a cabo durante estas aulas divídense segundo o nivel de (menor a maior) dificultade en LOTS (Lower Order Thinking Skills) e HOTS (Higher Order Thinking Skills). Para ilustrar mellor esta metodoloxía, tivemos que planear as 5 Cs dunha lección CLIL. Tamén traballei coa miña compañeira Laura R. Fernández, e neste caso a nosa actividade está orientada á materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual e ao curso de 1º da ESO, e céntrase no tema do cómic. O recursos necesarios son o bloc de debuxo, un set de regras, lapis, goma e cores. As 5Cs están explicadas na seguinte imaxe interactiva. No caso de que houbese auxiliar, este/a pode levar fotocopias dos cómics máis coñecidos no seu país e falar sobre ilustradores famosos que procedan de alí. 

E ata aquí por hoxe! Espero que vos parecese interesante a entrada e servira para ilustrar os contidos expostos na aula. Comprender ben estes aspectos, como o papel dos/as titores/as e dos/as auxiliares de conversación, as medidas que se poden tomar para atender á diversidade, e como funciona a metodoloxía CLIL, é clave na formación do profesorado. Espero tamén que vos gustasen as actividades aquí planeadas, e non dubidedes en deixar un comentario coa vosa opinión ou calquera cuestión!

Iria. 

8 comentarios:

  1. Hola, Iria:

    Me parece muy interesante que comentes que en una correcta tutoría se debe fomentar una educación integral y personalizada y proporcionar asesoramiento al alumnado. Además, como tú bien dices, ayudar a que los alumnos mejoren la percepción de si mismos tiene unas ventajas innumerables, sobretodo en una etapa tan complicada como es la adolescencia.

    Como siempre, enhorabuena por tu entrada, me ha encantado.

    Un saludo,

    María.



    ResponderEliminar
  2. Ola, Iria!

    Paréceme moi acertada a idea que tivestes para a lección CLIL. Como ben dis, os cómics teñen unha gran forza motivadora para o alumnado e axudan a estimular a súa creatividade. Ademais, o feito de que poidamos incluír texto e diálogos nas viñetas permite activar os seus coñecementos en lingua inglesa.

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  3. ¡Hola Iria!
    Me encanta la idea que has tenido para la lección de CLIL, yo también hice la mía con la asignatura arts & crafts, ya que creo que es una asignatura ideal para trabajar en otro idioma fomentando el intereés por ambos ámbitos (tanto el lingüístico como el artístico). En cuanto a la actividad de tutoría, no estoy muy segura de si está justificado usar un vídeo en inglés, ya que existen muchos similares en español. La verdad es que no me parece mala idea, pero no sé hasta que punto está en el marco de la legalidad con esto de que no se puede dar tu asignatura en una tutoría... a ver si Úrsula nos resuelve la duda.

    Muchas gracias :)
    Raquel

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias por tu comentario Raquel.

      En cuanto al vídeo, sí podrías usarlo, pero tal y como le comentaba a Iria, debería de tener los subtítulos y si lo usamos en inglés, deberíamos de ir parándolo para comprobar que entienden todo lo que se dice. Si el nivel fuese muy bajo, no sería posible y habría que usar uno en castellano o gallego. De todos modos, en una tutoría debemos asegurarnos de la comprensión, traduciendo si hiciese falta, porque no se trata de la asignatura de LE.

      Un saludo,
      Úrsula.

      Eliminar
  4. PARTE 1:
    Ola Iria,

    Moitas grazas pola túa contribución na entrada e as túas ideas.

    A continuación fago algúns comentarios:

    No teu blogue comentas: “Respecto do idioma no que se debe impartir a materia, este é o galego, agás nos centros plurilingües.” Isto non é así. Os idiomas nos que se deben impartir as diferentes materias veñen no decreto do plurilingüísimo. Por outra banda, se te refires á titoría, esta pode ser en galego ou castelán, sempre atendendo ao plan de normalización lingüística do centro para evitar que as linguas estean descompensadas.

    Na actividade número 1, onde presentas unha actividade para a hora de titoría, comentarte que a actividade está ben, pero o vídeo debería estar subtitulado xa que non todo o alumnado terá un bo nivel de inglés. Ademais, deberiamos ir parándoo e facéndolles preguntas para comprobar que comprenden todo.

    O Plan Xeral de Atención á Diversidade é o que crea cada centro para reflectir as medidas que se toman no centro co alumnado que ten. Aí no aparecen todas as medidas existentes. Para velas todas, temos que consultar o DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

    Tamén dis: “entre os que se atopan o alumnado con TDAH e o alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe (dislexia, disgrafía, etc).” Este alumnado precisa medidas pero moitas veces son ordinarias, os casos máis graves son os que precisan medidas extraordinarias.

    Mencionas: “Mais adiante, tamén hai a opción da Formación Profesional Básica”. Non ten por que ser máis adiante, hai alumnos que xa repetiron en varias ocasións.

    No relativo a que actividades son mellores para PMAR, respondes de maneira moi superficial. Só dis: “Estas adaptacións amosan un tipo de actividades máis guiadas, e contan co apoio de explicacións gramaticais e/ou traducións ao castelán para axudar ao alumnado que o precise a enfocar e seguir mellor as tarefas”. Gustaríame que afondases un pouco máis e comentases as características que dixemos ao ver os exemplos de clase. Por exemplo, hai unha tendencia a non mesturar varios tempos verbais, son típicas as actividades de relacionar, empréganse axudas visuais, evitan facerse exercicios matemáticos nas actividades, etc.

    Cando dis que en clase vimos os Burlington books, vimos moitos máis:
    - Tres manuais para adaptacións curriculares (alumnado con ACI).
    - Vimos exercicios que se correspondían co libro Mosaic 1: ollo, non eran exercicios do libro, eran exercicios adicionais que veñen clasificados en unha, dúas ou tres estrelas. Estes materiais no están deseñados para alumnado de PMAR, pero cando o vimos, expliqueivos que o de unha estrela si se pode empregar, xa que eran actividades típicas: crucigramas, actividades moi guiadas, actividades de relacionar, etc. Algunha das dúas estrelas tamén, especialmente aquelas guiadas.
    - Vimos tamén o workbook que este ano empregamos no meu centro en 2º da ESO e en 1º de PMAR. (New Action). Vimos as diferenzas entre os dous workbooks (enunciados en español, resumos de gramática e vocabulario na lingua materna…). Vimos que los temas eran os mesmos, pero tratados de maneira máis sinxela e que o vocabulario se vía reducido aos mínimos exixibles por lei.
    - Vimos tamén unhas fichas que se dividían en tres stages, que esas si estaban deseñadas para o alumnado ACNEAE que eran as 1000+ activities. Vimos aquí tamén os enunciados, o vocabulario ao final e o tipo de exercicios (unir, relacionar, completar, etc.).

    ResponderEliminar
  5. PARTE 2:
    Nos programas que mencionas, para o alumnado falta o programa de inmersión lingüística de outono.

    No relativo á actividade para facer co/coa auxiliar de conversa, ten en conta que non só se debería centrar no fútbol, hai moitos outros deportes populares en UK, como poden ser: o golf, o tenis de mesa, o cricket ou o rugby. Deste xeito enganchas aos forofos do fútbol e aos antifútbol.

    En canto a lección CLIL que propós paréceme interesante. Gústame que empregases Genially. O único é que en comunicación dis que traballarán o presente simple e o pasado simple. En 1º da ESO a pasado simple soe ser a última lección que se da polo que esta sería unha sesión do terceiro trimestre. Fíxate tamén, que en cognición dis que explicarán o procedemento (precisarían empregar modais) e tamén compararían os cómics (terían que empregar os comparativos). Isto igual sería moito para eles. Comentas que o/a auxiliar podería traer cómics do seu país de orixe para fotocopialos. Isto, pode non ser posible. Terías que contactar con el/ela antes de que viñese (aínda que soen regresar ao seu país no Nadal, non teñen por que). Ademais, habería que lles reembolsar o gasto dos materiais.

    Grazas polo traballo e as túas ideas,
    Un saúdo,
    Úrsula.

    ResponderEliminar