venres, 25 de xaneiro de 2019

Didáctica: Entrada Cristina Rodríguez

Bos días a todas e todos!

Na entrada de hoxe vou falar sobre a comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula, é dicir, comentarei os diferentes procedementos que se poden utilizar co fin de fomentar a aprendizaxe das linguas estranxeiras a través de actividades de expresión, interacción, comprensión e mediación. A maiores, tamén falarei brevemente sobre o uso que se pode facer das rúbricas para avaliar a expresión escrita e oral. Esta entrada correspóndese co tema 5, o cal foi impartido pola docente Cristina Rodríguez, polo que tamén describirei as actividades que realizamos durante as súas tres sesións. 

As actividades de mediación están baseadas na teoría de que o coñecemento dalgunhas linguas axuda á hora de aprender outras. A mediación, moi brevemente, consiste en achegar certa información a unha persoa que por algún motivo non a comprende. Esta pode ser oral (por exemplo, interpretación simultánea en congresos ou interpretación consecutiva en visitas con guías) e tamén pode ser escrita (por exemplo, tradución exacta de documentos legais ou tradución literaria). A mediación pode clasificarse segundo tres aspectos diferentes: lingüístico/textual, conceptual e social/cultural. A través da mediación de textos preténdese, de forma oral ou escrita, transmitir información específica, explicar datos, procesar e traducir textos, así como tomar notas para terceiras persoas e facer análises críticas de textos creativos ou expresar a reacción persoal ante estes. Por medio da mediación de conceptos procúrase facilitar o acceso a coñecementos e conceptos para quen non pode acceder a eles directamente. Por último, a mediación da comunicación ten a función de posibilitar a comunicación entre individuos con diferenzas socioculturais ou sociolingüísticas, facilitando un espazo multicultural. Pasando agora ás actividades de comprensión, estas poden utilizarse para captar ideas principais (skimming) ou para buscar información específica (scanning). As actividades de lectura e escoita poden empregarse para identificar opinións, entender instrucións, entender determinado vocabulario, etc. Estas son realizadas seguindo unha serie de pasos: a presentación e familiarización co contido, unha primeira lectura/escoita, unha segunda lectura/escoita, e un exercicio de pos-lectura/pos-escoita. Durante estas actividades o papel da profesora recae na organización (explicar as instrucións, obxectivos e outros aspectos relacionados co desenvolvemento da actividade), na observación para poder obter e proporcionar feedback, e na estimulación da reflexión do alumnado

Por último, quedan as actividades de produción e interacción, tanto escrita como oral. Por un lado está a expresión escrita, que adoita consumir moito tempo, xa que realmente ten que ser enfocada como un proceso dividido en planificación (tormenta de ideas ou debate), creación dun primeiro borrador (actividades cooperativas ou de edición e revisión) e a creación da versión final (publicación ou interacción). Algúns exemplos de actividades de expresión escrita son redactar poemas, crear un blogue colaborativo, ou escribir reseñas de libros e películas. O feedback ten un papel principal, xa que é importante que o alumnado aprenda a identificar, corrixir e entender os seus erros por eles mesmos, así como a recoñecer os seus puntos fortes. Por outro lado, a expresión oral é a máis importante no caso da aprendizaxe de linguas, polo que se recomenda incrementar o tempo de fala do alumnado ao máximo posible. Algúns exemplos de actividades de expresión oral son os debates, as presentacións, ou as simulacións e xogos de rol. O papel da profesora durante este tipo de actividades consiste en observar de forma discreta, interactuando co alumnado e incentivándoo para que fale, e proporcionar feedback. En canto á avaliación da expresión oral e escrita, unha opción é utilizar rúbricas. É importante ter en conta que a avaliación na aula debe ser transparente, consistente, de obxectivos claros, e debe proporcionar feedback descritivo. As rúbricas son un instrumento de avaliación compostas por unha serie de criterios coherentes para o traballo do alumnado que describen os niveis de calidade de actuación baseados neses criterios. Para deseñar unha rúbrica é preciso definir os criterios que vai seguir e decidir a escala na que vai avaliar. A través das rúbricas o alumnado pode centrarse nos criterios, deseñar estratexias e plantexar os obxectivos. Para ilustrar as rúbricas, durante a aula tivemos que deseñar unha que avaliase a nosa actividade de plurilingüismo. Esta tarefa foi máis difícil do que pensabamos porque resultou que tiñamos un concepto de rúbrica distinto en canto ás descricións que ofrece e a perspectiva que avalía. Por isto, considero que esta actividade foi de gran axuda para comprender mellor o concepto e así saber como utilizalo de cara ao futuro. 

Durante as tres sesións con Cristina Rodríguez realizamos dúas actividades principais, ademais do deseño da rúbrica. A primeira consistiu en crear, en pequenos grupos, a nosa propia actividade de mediación ou sobre o plurilingüismo. No meu grupo deseñamos unha actividade centrada no plurilingüismo, mencionada previamente, enfocada a unha aula de alumnado estranxeiro que vén a España para aprender español durante o verán, e conta cun nivel B1. A actividade consiste en que, utilizando unha ficha con determinadas preguntas tanto sobre linguas como sobre aspectos culturais, os alumnos teñen que entrevistarse entre eles e apuntar os aspectos que teñen en común outros países co seu, e tamén algún dato que lles chame a atención. Tras estas pequenas entrevistas, o alumnado ten que reflexionar sobre se hai máis similitudes ou diferenzas e se a través desta actividade aprenderon algo novo sobre si mesmos (por exemplo, que o seu perfil é máis plurilingüe do que pensaban). Pensamos nesta actividade porque nos pareceu unha forma divertida e dinámica de conseguir que os estudantes se coñezan entre eles durante a primeira semana de aulas á vez que reflexionan sobre o seu propio perfil multilingüe e multicultural. A segunda actividade que planeamos, esta vez en parellas, estaba relacionada coa comprensión. Nesta ocasión, deseñamos unha actividade de comprensión oral para traballar o vocabulario relacionado coa festividade do Nadal, ou similares, xa que nos pareceu unha actividade que pode involucrar máis ao alumnado por tratarse dun contido cultural próximo aos seus intereses. A actividade consiste en comentar un pouco as tradicións típicas das datas, para familiarizar ao alumnado co contexto e, a continuación, ver un vídeo sobre as tradicións do Reino Unido. Tras velo dúas veces, o alumnado terá que contestar unha serie de preguntas que despois corrixirán entre eles por parellas, para finalizar cunha posta en común invitando ao alumnado a reflexionar sobre o que pensan do que aprenderon a través do vídeo. Realizar estas tarefas pareceume moi práctico e beneficioso porque serviu para ilustrar os conceptos teóricos e comprendelos mellor para poder levalos á práctica.

Para finalizar a miña entrada, quero destacar a utilidade desta unidade, xa que coñecer as actividades da lingua é algo primordial para poder enfocar a ensinanza de forma que beneficie ao alumnado o máximo posible. Saber como traballar a mediación, a comprensión, a interacción e a expresión é importante para poder mellorar a aprendizaxe do alumnado. Ademais, as actividades realizadas, como xa mencionei, axudaron moito a ilustrar os conceptos e poder poñelos en práctica, proporcionando tamén ideas de cara ao futuro.
Espero que vos parecese unha entrada interesante!

Iria.




8 comentarios:

  1. ¡Hola Iria!
    Me ha encantado tu explicación del temario, muy clara y concisa. Al igual que tú, considero que las actividades orales son las más importantes en las clases de lenguas ya que, al fin y al cabo, el objetivo principal es la comunicación. Con respecto a esto, la actividad que realizasteis sobre el plurilingüismo está muy bien planteada y, como tu has dicho, es una actividad perfecta para que los alumnos no sólo se conozcan entre ellos, si no a ellos mismos.

    ResponderEliminar
  2. Ola Fanny, moitas grazas polo teu comentario!

    ResponderEliminar
  3. ¡Hola, Iria!

    Coincido con Fanny, tu definición de mediación es perfecta. ¡Creo que cualquier persona ajena a la asignatura lo entendería a la primera! También me ha parecido muy buena idea que tú y tus compañeras hayáis relacionado la actividad de comprensión oral con contenido cultural próximo a los estudiantes, ya que tal y como mencionó Cristina en una de las sesiones, no hay nada que motive más a los alumnos que hablar de si mismos o de algún aspecto que les sea cercano.

    ¡Un saludo!

    María.

    ResponderEliminar
  4. ¡Hola Iria!

    Me ha encantado tu explicación de mediación; breve, concisa y completa al mismo tiempo. Además, coincido contigo y con Fanny en que la expresión oral es uno de los aspectos más importantes a la hora de aprender un nuevo idioma y, por ello, se le debería dar más importancia en las aulas de lenguas de la que actualmente se le da. Por otro lado, la actividad de plurilingüismo que diseñasteis me pareció realmente productiva y motivadora. Por último, parece que a casi todos/as nos resultó bastante complicada la actividad de diseñar una rúbrica, aunque finalmente fue realmente beneficiosa, ya que aprendimos a crearlas correctamente y nos será de gran utilidad en el futuro.

    ¡Saludos!

    Marta

    ResponderEliminar
  5. Ola, Iria!
    Nesta entrada, ao igual que nas demais, explicas todo de forma moi ben estructurada e clara. De todo os temas que abordamos en clases, destaco dous: a mediación e as rúbricas. No primeiro caso, grazas a estas sesións, puiden coñecer un novo tipo de actividades moi interesantes. No segundo caso, decateime de que elaborar unha rúbrica non é nada fácil e de que as que elaborara previamente non estaban moi ben elaboradas. A partir de agora, sempre que elabore unha rúbrica terei en conta as indicacións da profesora e non cometerei os mesmos erros.
    Un saúdo,
    David.

    ResponderEliminar
  6. ¡Hola, Iria!
    ¡Excelente entrada! Me ha gustado mucho tu definición de mediación y la actividad que preparasteis para trabajarla. Es muy importante que los alumnos de una clase se conozcan y no hay mejor manera de motivarlos a hablar que si es hablando sobre su país, sus costumbres y sobre sí mismos. Coincido con Marta y contigo en que la actividad de la creación de una rúbrica no fue la más sencilla pero sí muy importante para nuestro futuro como docentes.
    Un saludo,
    Judit

    ResponderEliminar
  7. Gústame como relacionas todas as partes do tema entre si, cando normalmente tendemos a separa-las cousas e estructuralas.
    Nese sentido quería recalcar que reflexionando sobre a túa entrada faise máis doada a posibilidade de aplicar sobre tóda-las actividades das que falas o aprendido cos outros profesores, como o aprendido con Hermes sobre empregar documentos auténticos culturais, que xa se ve que ías por esa liña coa actividade do Nadal, por exemplo.
    Noraboa!

    ResponderEliminar
  8. Muy buenas noches, Iria.
    Me ha gustado mucho la forma en la que has hablado de las actividades relacionadas en el aula. Es muy fácil seguir el hilo y ver en detalle las actividades realizadas. Además, me ha parecido muy acertada tu conclusión.
    Un saludo.

    ResponderEliminar