Ola amigos e amigas!
Hoxe veño a falar dunha serie de actividades que realizamos durante a aula sobre o deseño curricular, o que axudou a facer o tema máis dinámico. Por un lado, fixemos un par de actividades a través da web Kahoot sobre cuestións relativas ao currículo do sistema educativo e das EOI. Por outro lado, realizamos unha actividade na que tivemos que dividirnos en grupos para investigar a presenza que teñen as linguas estranxeiras nas diferentes etapas educativas como son a Educación Secundaria Obrigatoria, o Bacharelato, e a Formación Profesional, de acordo coa LOMCE.
Respecto ao Kahoot, é de dicir que nunca o utilizara antes, e a verdade pareceume unha forma de aprender moi dinámica e divertida. Nestes Kahoots en particular traballamos diferentes aspectos relacionados co curriculum e sobre as institucións encargadas de determinar os distintos aspectos do sistema educativo e das Escolas Oficiais de Idiomas. Considerando que non é un tema precisamente doado, o método de traballalo a través dun test online pareceume interesante. Desde o meu punto de vista, o aspecto positivo que teñen os tests como técnica de estudo é que, cando un se equivoca nunha pregunta, tende a recordar despois ese erro, o que axuda a asimilar a información. Ademais, é unha actividade que se pode realizar por equipos (un dispostivo conectado por grupo) ou de forma individual (cada persoa precisa un dispositivo). En xeral, esta forma de levar a cabo o exercicio pareceume útil e interesante, máis destacaría un punto negativo: o feito de que sexa realizado a través dun equipo tecnolóxico pode ter certos inconvenientes, como por exemplo, que non todos funcionan á mesma velocidade, polo que non todas as persoas están xogando exactamente "ao mesmo tempo", e tamén hai algúns aspectos que non se poden controlar, como por exemplo que falle a conexión a internet ou mesmo o dispositivo que se está a usar.
En canto á outra actividade, esta foi bastante diferente á primeira. Para realizala, dividímonos en pequenos grupos e a cada un tocounos procurar información sobre o papel das linguas estranxeiras no instituto e nos ciclos de Formación Profesional. Ao meu grupo tocounos a Formación Profesional Básica. Aínda que non é doado procurar información sobre as distintas materias da FP Básica e o seu peso no currículo, atopamos que a materia da lingua estranxeira pertence ao módulo de Comunicación e Sociedade, xunto coas materias de Lingua Castelá, Ciencias Sociais e Lingua Cooficial cando proceda (aquí, esta sería a Lingua Galega). En teoría, este módulo ten unha duración de 120 horas por curso, e destas horas, no primeiro ano dedícanselle 59 horas ao Inglés, mentres que no segundo unicamente 34 horas. O que chama a atención é que este módulo ten como referencia o currículo das materias da ESO, pero dedícanselle menos horas, así que como é posible concentrar toda a materia feita para determinado número de horas en moitas menos? Despois de que cada grupo traballara individualmente sobre o seu respectivo punto, puxéronse todos en común, ademais de que toda a información xuntouse nun documento de Drive compartido de toda a aula. Esta ferramenta paréceme moi útil á hora de traballar en conxunto con outras persoas, eu utilízoa constantemente para realizar algunhas tarefas cos meus compañeiros e compañeiras, e tamén a recomendaría para traballar na aula cos alumnos.
Para concluír esta entrada, gustaríame destacar o que para min foi o novo descubrimento do Kahoot. Penso que esta ferramenta online non é unicamente útil para estes contidos que poden ser máis teóricos, senón que pode usarse en diferentes ámbitos e para traballar tipos de contidos diferentes. Por exemplo, en canto a miña área de especialidade, a lingua inglesa, penso que pode ser unha gran alternativa ás actividades máis tradicionais para traballar tanto aspectos de gramática como de vocabulario, ou outros. Paréceme que esta web, e outras similares como é por exemplo Educaplay, poden axudar a dinamizar a aprendizaxe e facela máis atractiva para o alumnado. Respecto ao que aprendín na outra actividade, quero destacar a dificultade persoal que percibín á hora de procurar información en relación coas materias de Formación Profesional Básica, xa que debido a que esta información non era moi exacta, xurdíronme diferente dúbidas. Por exemplo, no caso de existir unha lingua cooficial, reduciríanse as horas de inglés ou das demais materias do módulo, ou ampliaríanse o número de horas deste? Isto, ademais, tamén indica que o título a estudar pode presentar diferenzas de estudarse nunha comunidade ou noutra. Finalmente, quería destacar o feito de que se reduza tanto o número de horas da lingua estranxeira á vez que se pretende seguir o currículo correspondente da ESO, porque penso que isto é demasiado difícil. Non se pode pretender dar a mesma cantidade de materia que está programada para un certo número de horas nun número moito máis reducido, debido a que isto pode ter un efecto negativo para a educación do alumnado se o profesorado se centra en dar toda a materia posible sen asegurarse de que se van adquirindo os coñecementos.
E ata aquí por hoxe! Espero que vos gustase a entrada e vos desde algunha idea sobre actividades para realizar nas aulas.
Iria.

Ola, Iria!
ResponderEliminarEstou completamente de acordo contigo en que as aplicacións como Kahoot e Educaplay son moi boas opcións para introducir nas aulas e tratar contidos moi variados. Educaplay paréceme moito máis completa, xa que ofrece diversos tipos de actividades que nós mesmas podemos modificar adaptándoas aos obxectivos que queiramos acadar coa sua realización.
Tamén considero un aspecto moi importante a ter en conta o feito de que na formación profesional básica se teña como referencia o currículo da ESO tendo un número de horas moito máis reducido. É un feito que, como ti dis, pode levar ao profesorado a preocuparse máis pola cantidade de contidos, en vez de pola axeitada adquisición dos mesmos.
Gustoume moito a entrada!
Un saúdo!
Moitas grazas polo comentario, Antía!
Eliminar